Un ano case que pasou dende que se conformou o novo goberno e será mañá, 19 de abril, cando se vote -e previsiblemente aprobe- unha modificación da Ordenanza Municipal de Emerxencia Social. Se non sabedes de que falamos, aquí o tedes:
Ponte Solidario naceu en xaneiro do ano 2013, ante o empeoramento da situación socioeconómica da poboación e a ausencia a nivel local de políticas destinadas a solucionalo. A dinámica continuou sendo a mesma, e os problemas lonxe de remitir, agraváronse. Por iso, en días onde a política cobra inevitablemente todo o protagonismo, botamos unha ollada a este camiño en paralelo ao Goberno da vila.
Estimados Diario Atlántico e xornalista Roma Tébar:
Quedamos realmente sorprendidos cando lemos o voso artigo, non sabemos as razóns, motivos ou información errada que puido chegar as vosas mans para rematar escribindo...